Francisco Conde pon ó mercado da Pobra como exemplo de excelencia

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/11/visitaconselleiroindustriaparazapobra1102151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/11/visitaconselleiroindustriaparazapobra110215.mp4{/flowplayer} POBRA> O Conselleiro de Economía e Industria visitou as instalacións da praza da Pobra para comprobar de primeira man as melloras realizadas no recinto. O alcalde trasladoulle a necesidade de acometer un novo proxecto encamiñado a mellora-la eficiencia enerxética. A última actuación realizada no mercado municipal da Pobra supuxo un investimento de cento corenta mil euros coa instalación de nebulizadores e dun revestimento de aceiro inoxidable nos postos de peixe, a mellora do alumeado, o pintado e revestimento interior das instalacións ou a colocación de novos elementos decorativos e paneis informativos. Tras esta intervención, o concello estuda agora acometer unha actuación de mellora de eficiencia enerxética con cargo a unha nova convocatoria de axudas da Consellería. O Conselleiro puxo á praza da Pobra como exemplo da calidade e innovación no comercio local e destacou a súa vertente como factor de atracción turística. Precisamente, co fin de recoñecer o labor diario dos praceiros, o Conselleiro visitou tódolos postos do mercado interesándose polos servizos e produtos que ofrece cada un. Ademais de polo alcalde e outros membros do executivo local, Francisco Conde estivo acompañado na súa visita pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a directora xeral de comercio, Sol Vázquez.