O BNG solicitará por segunda vez no pleno a mellora do parque da Coca

    VILAGARCÍA> O BNG de Vilagarcía levará de novo ó pleno unha moción solicitando a mellora urxente do parque da Coca. Xa o fixeron hai dous anos, pero segundo os nacionalistas, malia a aprobación entón de acometer a recuperación desta zona verde, nada ou moi pouco se fixo. Lixo, mobiliario en moi malas condicións ou luminarias sen repoñer serían algúns dos exemplos do estado de degradación deste entorno. Segundo o BNG, unha mostra das nulas políticas medioambientais do goberno de Tomás Fole e do seu desprezo, din, polos veciños. Bancos esnaquizados, papeleiras arrincadas, xogos infantís deteriorados, sen muros de contención á beira do río, falta de iluminación… A lista de eivas feita polo BNG de Vilagarcía no parque da Coca leva engordando desde hai dous anos. Foi entón, en novembro do 2012, cando este grupo levaba ó pleno da corporación unha moción solicitando a mellora urxente de este espazo verde. Foi aprobada. Preocupa tamén o estado de salubridade das augas do río. Segundo o BNG, inzado de vertidos. Mirando a situación do parque entón e hoxe, para os nacionalistas a análise está clara. Nada cambiou, á marxe da eliminación da pasarela de madeira que bordeaba o curso do río. Este mes volverano a intentar. Volverán levar a pleno unha moción solicitando a intervención neste parque. A ver se agora que se achegan as eleccións, din, deciden realizala. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/11/DENUNCIABNGPARQUECOCA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/11/DENUNCIA_BNG_PARQUE_COCA.mp4{/flowplayer}