SANXENXO> Alfonso Martínez convértese no novo presidente do Cets. A nova directiva expón como prioridades a promoción e o mantemento dos servizos actuais. Tanto dende a agrupación como do concello aseguraron que traballarán por aumentar o turismo en tempada baixa.
Despois de 12 anos no cargo, divididos en dúas etapas, Francisco González deixou a presidencia do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo. O seu cargo o ocupará agora un membro do seu equipo, Alfonso Martínez, elixido polos socios. O novo equipo directivo tivo hoxe a primeira reunión co alcalde. Nela falaron dos puntos a desenvolver nos próximos anos. As prioridades da nova directiva pasan pola promoción e o mantemento dos servizos.
O alcalde agradeceu o traballo feito polo anterior presidente. Tanto Telmo Martín asegurou que o reto agora é aumentar os visitantes durante a tempada baixa.
Unha das primeiras medidas que estudan dende a nova directiva do CETS é a de crear eventos para atraer aos visitantes.
Telmo Martín quixo destacar todas as actividades e paisaxes que ofrece Sanxenxo durante o verán. Seguirá traballando para aumentar o turismo en tempada baixa o que beneficiará tanto á economía como ao aumento dos postos de traballo.