O PSOE de Boiro elixe mañá ó sustituto de Campaña como secretario xeral

    BOIRO> A executiva provincial do PSOE de Boiro convocou unha asemblea para a elección do novo comité executivo da agrupación. Será deste encontro, que se celebrará este xoves ás oito e media, do que saia o nome do novo secretario xeral que substituirá ó dimitido Jorge Campaña. Trala dimisión do ex secretario xeral, Jorge Campaña, disolveuse o comité executivo deixando á agrupación boirense nunha situación de baleiro legal. Na asemblea procederase á elección do novo secretario e os membros que o acompañarán na dirección local do partido. Malia a atípica situación vivida pola agrupación trala dimisión de campaña, o certo é que se seguiu traballando con normalidade ó longo destes meses. Así o destacou o candidato á alcaldía, Manuel Maneiro, quen afirmou tamén sentirse respaldado pola militancia á espera da súa ratificación oficial como alcaldable. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/11/reunionexecutivalocalpsoeboiro1102151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/11/reunionexecutivalocalpsoeboiro110215.mp4{/flowplayer}