RIBEIRA> Trátase da mostra ‘Litografías’ de Antonio Saura. Da man do novo director do Museo do Gravado de Artes, Xoán Pastor Rodríguez, e do presidente e vicepresidente da Fundación, Manuel Ruíz e Javier Expósito, respectivamente, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asistiu este mediodía en Ribeira á inauguración da nova exposición que acolle o Centro. Trátase da mostra, ‘Litografías’ de Antonio Saura. Un dos artistas máis representativos do século XX en España e dun amplo prestixio internacional. Na súa intervención o Conselleiro destacou a importancia do Museo, segundo el, unha das xoias da cultura galega e europea. A mostra permanecerá aberta ó público ata finais de marzo.
Inicio Barbanza - Muros - Noia