O BNG da Pobra denuncia o incumprimento das iniciativas aprobadas en materia de igualdade

POBRA> O BNG da Pobra levará a pleno unha moción solicitando a execución das numerosas medidas en materia de igualdade aprobadas ó longo desta lexislatura. Denuncian que a pesar de ter sido aprobadas por unanimidade, a maior parte das mocións non chegaron a materializarse.

Ás portas da celebración do Día da Muller, o BNG da Pobra volve reclamar a necesidade de adoptar medidas a nivel local para garantir a igualdade real e acabar coa violencia de xénero.

Por estas razóns levarán ó pleno deste xoves unha moción censurando ó goberno por non ter materializado ningunha destas iniciativas e esixirán ó mesmo tempo que se poñan en marcha canto antes.

Por outra banda, os nacionalistas pobrenses manifestaron a súa intención de sumarse á mobilización pola igualdade que se celebrará este domingo en Lugo e secundar a folga convocada para o oito de marzo.

Comments are closed.