As obras de mellora das instalacións do Náutico Barraña encaran xa a súa recta final

BOIRO> O concello de Boiro destinou uns 125 mil euros ás obras de acondicionamento das instalacións do Club Náutico de Barraña que se están a executar actualmente.

A axuda foi canalizada a través dun convenio de colaboración entre as dúas entidades que busca potenciar os servizos que ofrece o náutico.

Na actualidade, despois de renovar as oficinas e os vestiarios, estase a levar a cabo o acondicionamento da zona exterior, coa pavimentación da zona de aparcamentos e os accesos ás instalacións.