A saúde feminina, a debate en Ribeira

RIBEIRA> O concello de Ribeira organizará ó longo do mes de outubro o ciclo de charlas ‘Muller e Saúde’. Esta iniciativa impulsada polo CIM abordará temas tan relevantes como a menarquía e a menopausia, a endometriose ou o chan pélvico.

Este venres arrancan no centro cultural Lustres Rivas as xornadas ‘Muller e Saúde’ promovidas polo Centro de Información á Muller en colaboración coa Escola Galega de Saúde do Sergas.  Destacados profesionais analizarán os cambios que se producen en procesos como a menarquía e a menopausia, profundizarán sobre doenzas aínda bastante descoñecidas como a endometriose ou sobre a importancia de traballar o chan pélvico.

As charlas desenvolveranse tódolos venres de outubro en horario de seis a nove no Centro Cultural Lustres Rivas. Os interesados en asistir poden inscribirse previamente a través dos formularios habilitados na web do concello.

Aínda que cada charla vai recomendada para un grupo de idade, están abertas a público en xeral tanto feminino como masculino.