RIBEIRA> O PSOE de Ribeira demanda unha serie de actuacións para favorecer a accesibilidade na contorna do cemiterio municipal. Piden a ampliación da porta principal e a construción dunha nova beirarrúa.
Non só o propio cemiterio senón tamén un dos seus principais accesos presentan serios problemas para as persoas de mobilidade reducida. Por esta razón, a agrupación municipal do PSOE presentou unha proposición para mellorar a accesibilidade no camposanto e da súa contorna.
Os socialistas propoñen tamén que se proceda á construción dun columbario para depositar as urnas con cinzas que xa foi aprobado pola corporación en 2016.