O mal tempo condicionou o arranque da III Feira de Inverno do Pequeno Comercio

    RIBEIRA> A feira, que estará aberta toda esta fin de semana veu aumentada a súa superficie respecto doutras edicións. O mal tempo condicionou en parte a apertura da terceira feira do pequeno comercio de Ribeira que organiza a Asociación de Empresarios. Aínda así e de cara xa a fin de semana a maioría dos establecementos presentes, uns 28, agardan acadar bos resultados, en canto a número de visitantes e tamén de vendas. Dous aspectos que tamén foron resaltados polas autoridades durante o acto de inauguración oficial do evento. A principal novidade desta terceira edición é o número de expositores que se ve incrementado lixeiramente con respecto a edicións anteriores, así como tamén o aumento da superficie da carpa, con máis metros ocupados, en parte tamén pola ausencia este ano do sector hostaleiro. A maioría dos stánds participantes pertencen ós sectores da moda e do calzado, aínda que tamén hai espazo para os complementos e outras tendas especializadas. O horario de apertura será ininterrompido, hoxe venres ata as dez da noite; mañá sábado de dez da mañá a dez da noite e o domingo abrirá das once ás nove.