PORTO DO SON> Trátase dunha das festas de maior atractivo das que se celebran no Concello ó longo do verán a que acoden tódolos anos centos de persoas para poder degustar o exquisito cefalopodo elaborado ó xeito tradicional.
A festa terá lugar nas xornadas do sábado e o domingo, na explanada portuaria da localidade.
O polbo poderá degustarse a prezos populares e da súa elaboración encargarase un ano máis o famoso polbeiro Veloso.
Como é habitual volverá a organizarse a tradicional Ruta do Polbo. Unha andaina para a que xa hai inscritos unhas 80 persoas, o total das prazas dispoñibles.
Dende o Concello destacaron a enorme afluencia de xente durante este verán.
Segundo eles, os visitantes non só veñen ó municipio atraídos polos seus encantos arquitectónicos e naturais, senón que o fan tamén polo alto número de actividades de todo tipo que se organizan dende tódolos departamentos municipais.