Velo acusa ó goberno municipal de actuar con pasividade no tema da residencia

BOIRO> Pon o exemplo da súa mala xestión no anuncio realizado hai uns días polo presidente da Xunta sobre a futura construción da residencia para Ribeira. Un servizo polo que, segundo el, o seu grupo municipal leva pelexando dende hai máis de vinte anos.

Sen querer entrar en liortas e disputas con Ribeira, Concello que segundo el si defende os seus intereses, o vello político boirense carga contra o actual executivo municipal liderado por José Ramón Romero. Acúsao de parálise, e de non defender como debera a Boiro para a consecución da tan ansiada residencia para o municipio.

Pero non só iso. Velo critica tamén o anterior alcalde, Xoán Xosé Dieste, que neste tempo, oito anos como alcalde e dous como voceiro municipal, tampouco foi quen de conseguir a residencia para Boiro, dando así cumprimento a unha moción presentada por IC Boiro hai cinco anos e que resultou aprobada por unanimidade en pleno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí