O PP recupera a Telmo Martín para intentar manter a alcaldía de Sanxenxo

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/20/telmo_alcaldable_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/20/telmo_alcaldable_sanxenxo.mp4{/flowplayer} 

     

    SANXENXO> Confirmado o regreso de Telmo Martín a Sanxenxo. O deputado será o candidato popular á alcaldía nas vindeiras municipais, tal e como confirmou esta mañá o Comité Electoral Provincial do Partido Popular de Pontevedra. Rafael Louzán asegurou que Martín ven avalado por unha traxectoria de oito anos á fronte do municipio. Sobre a actual alcaldesa, o presidente provincial non se plantexa que concorra cunha candidatura independente.

    O Partido Popular recupera a Telmo Martín como cabeza de lista para intentar manter a alcaldía de Sanxenxo. Para o Comité Electoral Provincial da formación, Martín representa as mellores posibilidades para revalidar o goberno da vila.

    En 1999, Telmo Martín conseguiu unha maioría absoluta que lle valeu a alcaldía ao PP. Catro anos máis tarde, obtiña un apoio aínda máis amplo. Ademais da súa traxectoria en Sanxenxo, o Comité tivo en conta o papel que xogou nos anos 2007 e 2011 como candidato popular en Pontevedra. 

    Tamén no 2011 Martín conseguiu unha acta de deputado, actividade que desenvolve na actualidade e que, segundo explicou Louzán, podería compatibilizar con seu novo papel.

    O presidente provincial dos populares tamén tivo palabras para a actual alcaldesa. Louzán destacou que Catalina González concorra ás eleccións de maio cunha candidatura independente.

    Louzán agradeceu a González o seu labor á fronte do concello porque, asegurou, non foi unha tarefa fácil por mor da crise.