RIBEIRA> A Conselleira de Política Social visitou as instalacións da asociación pro-saúde mental A Creba en Ribeira. Fabiola García recolleu as demandas da entidade que presta servizo actualmente a preto de corenta usuarios.
Coa súa visita ás instalacións da asociación A Creba, a Conselleira de Política Social volveu ratificar o seu firme compromiso coa saúde mental. Ó pland e atneción Integral de Saúde Mental aprobado polo goberno galego o pasado ano engádese a estreita colaboración coa Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con enfermidade mental de Galicia, da que forma parte a entidade barbanzá.
Nos últimos anos, A Creba ten incorporado importantes melloras tanto no referente a instalacións como a servizos. Sen embargo, a intención do seu presidente é seguir asumindo novos retos en favor dos preto de 40 usuarios da entidade.
Ademais do apoio do goberno autonómico, a entidade conta coa colaboración do concello de Ribeira que vén de destinar 15 mil euros a través da sinatura dun convenio con diferentes entidades sociais.