Marlon Velasco seguirá dous anos máis a fronte do Noia Portus Apostoli

NOIA> Despois de conseguir a ansiada permanencia na Segunda División do fútbol sala nacional, a directiva do Club decidiu apostar por el, ofrecéndolle un proxecto de continuidade para as dúas vindeiras tempadas.

O Noia Portus Apostoli volve a apostar polo actual adestrador, Marlon Velasco, un dos principais artífices da permanencia do Club na segunda división do fútbol sala nacional, para dirixir ó equipo para as dúas vindeiras tempadas. O presidente e director deportivo do Noia Portus Apostoli, Severino Barreiro e Javi Barreiro, respectivamente, foron os encargados de anunciar a decisión do club.

O técnico tivo palabras de agradecemento, tanto para a directiva como para afección, polo apoio mostrado no tempo que leva dirixindo ó equipo. De cara ós vindeiros anos agarda poder consolidar ó equipo na categoría e evitar os sufrimentos vividos este ano.

O Club aproveitou a comparecencia ante os medios para comunicar tamén a ampliación do convenio de colaboración dun dos seus principais patrocinadores como é Autos Patiño