O Xulgado arquiva a causa contra a confraría de Noia

    NOIA> O Xulgado de Instrución número dous de Noia vén de arquivar a causa aberta contra a confraría noiesa e os seus dirixentes ante as denuncias por presuntas irregularidades na xestión. O Ministerio Fiscal considera que non existen razóns para considerar delictivos os feitos denunciados por un grupo de socios que acusaban á directiva de apropiación indebida e manipulación das contas. Dende o pósito manifestaron a súa satisfacción ante esta resolución xudicial que vén confirmar a inexistencia de delitos e a intención calumniadora dos denunciantes que tan só buscaban réditos electorais para facerse co control da confraría. Os dirixentes da entidade barallan agora a presentación das correspondentes accións xudiciais para que se sancione ós responsables desta campaña de difamación.