Ribeira e Porto do Son solicitarán un novo obradoiro de emprego conxunto

    RIBEIRA/PORTO DO SON> Os concellos de Ribeira e Porto do Son volverán a solicitar un novo obradoiro conxunto á consellería de Traballo e Benestar que levaría o nome de Tahume 2, para darlle continuidade ó xa realizado o pasado ano, entre novembro de 2013 e decembro de 2014. A intención de ámbolos dous municipios pasa fundamentalmente porque na experiencia formativa tomen parte un total de 30 alumnos-traballadores, 15 por cada concello, todos eles maiores de 18 anos. O taller solicitado disporía dunha única especialidade, neste caso carpintería e moble, e tería unha duración de seis meses. O labor dos alumnos redundaría en beneficio de novo dos dous concellos, ó desempeñar traballos de mellora no mobiliario municipal.