![]()
BOIRO > Un grupo de veciños da parroquia de Bealo denunciará ó concello ante a intención do goberno local de declarar de uso público un camiño privado.
Máis de dous anos levan loitando os doce propietarios dun camiño de servidume, situado no núcleo da Amañecida, porque o concello non o declare de servizo público.
Segundo os veciños, a vía que da acceso ás súas fincas sempre foi de carácter privado dado que se creou mediante a cesión de parte das súas propiedades. Agora o concello sostén que se trata dun camiño público coa intención, segundo denuncian os afectados, de dar servizo a un ex-empregado do concello que acaba de contruír unha edificación na zona.
Os veciños van máis aló e incluso denuncian que se trata dunha construción ilegal posto que se trata dunha vivenda que só conta coa licenza para a construción dun local para os apeiros de labranza.
Denuncia
Tras diversas xuntanzas mantidas con representantes municipais, sen chegar a ningún acordo, os afectados van emprender accións xudiciais contra o concello, o propietario da vivenda e o responsable da obra.
Os afectados considéranse ‘estafados’ polo concello, ó que acusan de favorece-los intereses de determinados veciños en detrimento de outros. Consideran que a vía xudicial será a única saída para evitar que se cometa o que califican de ‘total inxustiza’.
Redacción Barbanza










