Abre o prazo para inscribirse na rede pública de escolas infantís

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/23/rpgarderiaportodoson2302151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/23/rpgarderiaportodoson230215.mp4{/flowplayer} PORTO DO SON> O DOG publica o procedemento para adxudicación de prazas das escolas infantís galegas. A partir do martes poderán presentarse as solicitudes para o curso 2015-2016. Nalgúns concellos, como o de Porto do Son, trátase do primeiro ano en que contan con este servizo polo que, dende o concello, informaron dos trámites a realizar para as inscricións. Dende o martes e ata o 23 de marzo, os pais poderán facer a súa solicitude para optar a unha praza na rede de escolas infantís galegas. Para o curso 2015-2016 poranse en servizo tres novas garderías, tres delas nas comarcas do Barbanza e Muros Noia. No caso de Porto do Son ofertaranse corenta e unha prazas que se adxudicarán segundo o baremo de criterios incluídos na orde publicada no DOG. O prezo do servizo establecerase por treitos de renda cun máximo de douscentos trinta e cinco euros para xornada completa con comedor. Coa posta en marcha desta escola infantil, o executivo de Porto do Son cumpre co compromiso adquirido ó principio da lexislatura de poñen a andar este servizo. Coa ludoteca, xestionada directamente dende o concello, ofrecerase un servizo complementario ó da escola infantil para nenos de catro a doce anos.