O PSOE noiés denuncia presuntas irregularidades no Departamento de Cultura e Festexos

NOIA> Para o candidato socialista, Sergio Campos, as prácticas que se dan neste departamento non son o transparentes que deberan. Acusa ó actual alcalde, Santiago Freire, de mirar para outro lado e permitir estas prácticas.

Para o candidato socialista a falla de transparencia na xestión do departamento de Cultura e Festexos que dirixe José Pérez, de Noieses Independentes Agrupados, un dos socios do actual equipo de goberno, son bastante habituais. A última da que se ten constancia, segundo el, unha presunta irregularidade na adxudicación dos postos da Feira Medieval do ano pasado.

Sergio Campos acusa tamén ó PP, o outro socio de goberno, de permitir ademais estas prácticas.

De chegar ó goberno municipal afirma que non permitirá este tipo de actuacións, apostando por unha xestión máis transparente en tódolos departamentos.