Os armadores contratarán vixilancia para evitar os roubos no porto

    RIBEIRA> A confraría de Ribeira estuda a contratación de seguridade privada para facer fronte ós constantes roubos nas instalacións portuarias. Na actualidade non existe servizo de vixilancia polas noites e as cámaras de control instaladas son insuficientes. Os roubos no porto de Ribeira non son nada novo. Hai meses que os mariñeiros veñen denunciando a subtracción de obxectos das súas embarcacións. Ó principio, tan só se trataba de marisco ou aparellos de pesca pero co paso do tempo os ladróns comezaron a interesarse por outras pezas moito máis caras. Na actualidade, as instalacións portuarias non contan con servizo de vixilancia nocturna. Na zona dos pantaláns hai dúas cámaras de video pero non son suficientes para disuadir ós amigos do alleo posto que é difícil identificalos a través deste mecanismo. A pesar das solicitudes cursadas pola confraría para a posta en marcha dunha quenda nocturna de vixilancia, Portos de Galicia delega estas funcións nas forzas de seguridade. Por esta razón, os directivos do pósito mantiveron un encontro cos armadores para abordar a contratación dun vixilante privado. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/24/contratacionvixilanciaportoribeira2402151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/24/contratacionvixilanciaportoribeira240215.mp4{/flowplayer}