Atopan o corpo dun home no peirao de Escarabote

BOIRO> A Garda Civil de Boiro investiga as causas do falecemento dun home cuxo corpo aparecía a última hora da tarde de onte nas inmediacións do porto de Escarabote. Tiña 67 anos e era veciño do lugar.

Unha chamada ó 112 alertaba do acontecido, mobilizando rapidamente a un amplo dispositivo de emerxencias.

Ata o lugar achegouse unha ambulancia do 061, persoal do parque de bombeiros de Boiro, Garda Civil e Policía Local, así como tamén efectivos de Protección Civil.

A pesar dos reiterados intentos, os servizos sanitarios non puideron facer nada para devolverlle a vida.

Todo apunta a unha infortunada caída como causa máis probable do falecemento. Aínda que deberá agardarse ó resultado da autopsia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí