O pavillón de Rianxo levará o nome de Chema Abuín

RIANXO> O pavillón municipal de Rianxo pasará a denominarse Xosé Manuel Abuín ‘Chema’. A corporación aprobou por unanimidade a proposta en lembranza deste traballador que durante anos exerceu o labor de conserxe nas instalacións que a partir de agora levarán o seu nome.

Tódolos grupos da corporación rianxeira aprobaron por unanimidade o cambio de nome do polideportivo da vila que a partir de agora pasará a chamarse pavillóns Xosé Manuel Abuín ‘Chema’. O concello pretende deste xeito homenaxear ó que fora traballador das instalacións deportivas durante anos ata o seu falecemento a finais de 2020.

A proposta partiu inicialmente do club de voleibol de Rianxo, deporte do que Chema era un grande afeccionado. Tódolos grupos ratificaron o seu apoio a esta homenaxe póstuma a este veciño que se gañou o afecto de tódolos rianxeiros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí