O BNG de Boiro súmase ás críticas ó equipo de goberno pola suba do IBI

BOIRO> O BNG mostrou a súa disconformidade coa proposta do goberno local que pretende levar nos próximos días a un pleno extraordinario a modificación da ordenanza que regula o catastro e subir así o tipo de gravame do 0’4% ó 0’5%.

Segundo os nacionalistas trátase dunha estratexia do executivo de ir subindo pouco a pouco tódolos impostos.

Dende o BNG din que o goberno local intenta xustificar esta suba da contribución botándolle a culpa á suba xeralizada da vida, cando non é certo, e se debe máis ben a unha mala xestión e unha política do despilfarro.

Os nacionalistas entenden que esta suba de impostos nestes momentos, no actual contexto económico, é inxusta para os veciños, aumentando así a carga fiscal para eles.