Xa está na casa a comitiva pontevedresa que onte recollía en Dubai o premio ONU Hábitat. Co premio en Pontevedra, o concello traballa agora na organización do acto no que ofrecerá no galardón a tódolos pontevedreses. Será o xoves cinco de marzo no Teatro Principal. Par ao día seguinte anuncia nunha festa ó aire libre con música e animación. Así de emocionado se amosaba o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores unhas horas antes de abandonar Dubai con destino a Pontevedra. A celebración pola concesión do ONU Hábitat culminarase agora en terras do Lérez cun acto aberto, segundo o alcalde, ós verdadeiros responsables de este recoñecemento: os cidadáns de Pontevedra. O festexo dividirase en dous actos. O primeiro, de carácter máis institucional, terá lugar o próximo xoves 5 de marzo ás oito do serán no Teatro Principal. Será un evento aberto ó público que contará coa presenza da Directora Xeral de Tráfico María Seguí. Ó día seguinte pola tarde, planéase un festival ó aire libre con música e animación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/25/loresbalanceonu.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/25/VOLTA_DUBAI.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA