A Deputación crea 424 empregos para titulados sen experiencia

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra publica este martes no Boletín Oficial da Provincia a relación de empresas ás que se lle ven de conceder algún dos bolseiros incluídos no Plan de Prácticas Laborais. Un programa polo que o ente provincial sufragará de xeito íntegro o traballo de 424 bolseiros durante un ano en empresas privadas da Provincia, co fin de dotalos de experiencia laboral no que estudiaron. Unhas 424 persoas mozas da Provincia de Pontevedra comezarán a traballar no sector para o que se prepararon academicamente cun contrato en prácticas en empresas privadas. O seu soldo, de entre os 800 e os 600 euros, así como os custes da súa Seguridade Social e cadanseu seguro de Responsabilidade Civil será asumido pola Deputación de Pontevedra, promotora deste Plan de Prácticas Laborais. Con esta iniciativa a Deputación de Pontevedra pretende dotar de experiencia laboral ós mozos da Provincia, co fin de facilitar a súa empregabilidade no eido no que se formaron, evitando así o que se deu en chamar eufemisticamente mobilidade laboral exterior ou fuga de cerebros. Hoxe veñen publicado no Boletín Oficial da Provincial a relación de empresas admitidas neste plan que reclaman a titulados superiores de 103 modalidades distintas. A partires de hoxe, ábrese o prazo para que os interesados poidan presentar as súas candidaturas. Para acceder as prazas terase en conta o seu curriculum e expediente académico, así como unha entrevista persoal na que se farán preguntas sobre o contido da carreira cursada. Amais, deben cumprir estoutros requisitos. O prazo para anotarse remata o 12 de novembro; e para ampliar información poden dirixirse á propia Deputación Provincial ou na súa páxina web www.depo.es. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/30/bolseiros.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/30/PLAN_EMPREGO_DEPUTACION.mp4{/flowplayer}