A desigualdade de xénero nas tarefas do fogar tamén afecta aos nenos e ás nenas

    CAMBADOS> A desigualdade entre homes e mulleres persiste nos fogares do Salnés. A Mancomunidade ven de realizar un estudo nos colexios de Cambados, Meis e Ribadumia para coñecer o reparto das tarefas do fogar. As testemuñas dos nenos axudaron a debuxar unha realidade chea de estereotipos, xa entre os máis pequenos: só o 30% dos nenos colaboran nestes traballos; no caso das nenas, a porcentaxe sobe ata o 70%.

    O estudo realizado dende a Mancomunidade do Salnés debuxa unha realidade con poucos cambios en materia de igualdade. As mulleres seguen a levar o peso das tarefas do fogar.

    847 nenos de entre 5 e 12 anos dos colexios de Cambados, Meis e Ribadumia compoñen a mostra desta enquisa. Un estudo do que se desprende que a desigualdade non é só entre os país, tamén entre os nenos e as nenas: mentres que o 70% das alumnas colaboran nestes traballos, a porcentaxe de nenos só acada o 30%.

    Ademais de constatar estas diferenzas, coa enquisa buscouse ensinalos a facer autocrítica. E é que deles dependen os futuros cambios.

    Dende os concellos, celebraron esta iniciativa. Aseguran que aínda queda moito camiño por andar, e recoñeceron que se precisa máis presenza das administracións públicas.

    Estes datos servirán á Mancomunidade como punto de partida para novas actividades que buscan fomentar a igualdade entre homes e mulleres dende os máis pequenos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/25/estudo_cim_mancomunidade.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/25/estudo_cim_mancomunidade.mp4{/flowplayer} 

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí