O PP de Pontevedra presenta o paquete de medidas aprobadas polo Consello de Ministros

PONTEVEDRA> Pouco antes de que o fixera o Consello de Ministros, na sé provincial do PP de Pontevedra debullábase o contido do paquete de medidas anunciado polo presidente do goberno no Debate sobre o estado da nación. Gran parte delas son medidas sociais que, aseguran, a crise impediulles implantar os pasados tres anos.

Os populares defenden que a crise económica obrigounos a deixar no camiño a súa axenda social. Agora, aseguran ver perspectivas de recuperación, por iso hoxe o Consello de Ministros aprobou un paquete de medidas urxentes.

Entre as medidas, destacan a Lei de segunda oportunidade, pensada para que as familias poidan renegociar as súas débedas cos acredores, a exención dos primeiros 500 euros para os novos contratos indefinidos, ou a extensión dos cheques familiares ás familias monoparentais.

Neste paquete de medidas tamén se inclúe a revisión das taxas xudiciais, aprobadas en 2012 polos populares.

A loita contra o fraude a Facenda e á Seguridade Social e contra o emprego irregular, tamén están presentes neste paquete de medidas que chega no último ano da lexislatura.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/27/pp_debate_estado_nacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/27/pp_debate_estado_nacion.mp4{/flowplayer}