O PSOE de Vilagarcía comeza a traballar na precampaña

    Ratificada a lista que levará ás eleccións, o candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía convocou onte ós integrantes da súa candidatura á primeira reunión de traballo. Esta primeira xuntanza tiña como fin fixar as liñas que guiarán a súa folla de ruta de cara as municipais, ademais de asinar o código ético do Partido, polo que os integrantes da lista se comprometen a actuar con transparencia e respectando as normas da formación. Alberto Varela aproveitou o encontro para poñer a todos ó día das reunións que vén mantendo desde hai semanas con colectivos sociais, económicos e veciñais do municipio, encontros que seguirán co obxectivo de compilar tódalas demandas de cidadanía de Vilagarcía e elaborar en base a elas o seu programa electoral.