APAPO E APASA piden que non se traslade o mercado de Sanxenxo

    abastossanxenxoportonovo_100_310107.jpgSANXENXO > Entre os traballadores autónomos acaban de nacer dúas novas asociacións en Sanxenxo que foron presentadas esta tarde. Trátase das…

    ….Asociacións de prazas de abastos de Sanxenxo e Portonovo, APAPO e APASA, que traballarán xuntas para velar polo prestixio social e económico dos profesionais comerciais entre outras cuestións. Esta tarde presentábanse oficialmente ante os medios os integrantes das directivas das dúas asociacións ás que están adscritos a práctica totalidade dos comerciantes que traballan tanto na praza de abastos de Sanxenxo como na de Portonovo.

    Tras varios anos pensando en constituírse como asociación por fin se decidiron a dar o paso cunha serie de obxectivos claros, entre eles crear unha imaxe conxunta. A ocasión de asociárense veulles como anel ó dedo cadrando precisamente coa problemática que hai arredor do traslado da Praza de Sanxenxo a Miraflores.

    Non só se opoñen radicalmente a isto senón que demandan melloras no actual edificio e que se creen prazas de aparcamento nas inmediacións da praza de abastos. A unión fai a forza e por iso, aínda que se constitúen como asociacións independentes, permanecen unidas e apóianse nos problemas que as afectan individualmente.

    Redacción Salnés