O PP de Ribadumia en “pé de guerra” ante a posibilidade de peche do parque de bombeiros

RIBADUMIA> O PP de Ribadumia está en pé de guerra despois das declaracións de Carmela Silva do pasado 27 de xuño, nas que admitía a posibilidade de pechar o parque de bombeiros de Ribadumia para trasladalo a outra zona da provincia. Tanto Salomé Peña como Luís Serantes afirman que os verdadeiros culpables de esta situación son os membros do goberno local, aos que acusaron de inacción.
Ao PP de Ribadumia non lle sentaron nada ben as palabras da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, do pasado 27 de xullo, nas que contemplaba o cambio de localización de este parque de bombeiros a outra localización.
Para os populares este é un novo desprezo da administración que dirixe Silva. Peña e Serantes recordaron que aínda segue pechada a pousada de Ribadumia e afirman que agora queren pechar tamén o parque de bombeiros. Ademais sinalan ao rexedor da vila, David Castro, de ser tomado, nas súas propias palabras “a pitorreo” polo ente provincial.
A ex alcaldesa e agora voceira do PP no municipio Salomé Peña acusou ao actual goberno da vila de inacción.
A voceira do PP sinalou na súa intervención que a súa formación continuará a velar polos intereses dos seus veciños e que non vai a permitir que se destrúa de este xeito todo o que se xestionou e creou en Ribadumia ata o de agora.