![]()
VILANOVA > Continúa o curce de acusacións en torno ó campo de fútbol do Terrón. O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, acusou…
…hoxe ó técnico da Xunta que este pasado mércores ordenou a paralización das obras de mentir, e indicou que no caso de que a delegada en Pontevedra, María Isabel Domínguez, non depoñla a súa actitude hostil sobre a construcción do campo, solicitará o seu cese.
O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, acusou esta mañá de mentir ó técnico da Xunta que antonte ordenou a paralización das obras do campo de Fútbol do Terrón ó consideralas a Xunta ilegais. Mentiu, dixo Durán, porque amenazou con chamar á Garda Civil en caso de que as obras continuasen normalmente. Segundo o alcalde, tamén minteu a delegada de Política Territorial en Pontevedra, María Isabel Domínguez, ó asegurar que o concello non solicitará á Xunta a licenza de obra. Gonzalo Durán mostrou a solicitude de licenza presentada o 18 de xaneiro deste 2007, e asegurou ter falado onte cun membro de Urbanismo da Xunta que lle asegurou que desde a consellería non respaldan a postura da delegada.
Persecución
Tamén informou de que o vindeiro martes, Domínguez manterá unha reunión coa directiva da escola de fútbol de Vilanova, na que desexa que ésta cambie de actitude. Durán aludiu ó campo de fútbol de Noalla, no entorno do istmo da Lanzada para comparar o doble rasero co que se mide o outorgamento de licenzas de contrucción deste tipo de campos, polo que alude á unha persecución persoal no caso do concello de Vilanova. En caso de que o martes a delegada non depoña a súa actitude, o concello estudia tomar medidas tanto políticas como legais.









