Rianxo aproba o convenio laboral para un cento de traballadores

    RIANXO> O concello de Rianxo asinou o primeiro convenio colectivo da súa historia que establecerá as condicións laborais para os máis de noventa traballadores da administración local. O documento establece un prazo de dous anos para a elaboración da Relación de Postos de Traballo. Esta sinatura marca o inicio dun camiño no que quedan aínda moitos acordos por desenvolver establecidos nas disposicións do convenio. O que si fai esta nova ferramenta é establecer as condicións xerais polas que se rexerán a partir de agora o preto de centenar de traballadores do concello de Rianxo, tanto funcionarios como persoal laboral. O convenio é froito do bo entendemento dos membros da mesa de negociación, na que participaron os sindicatos, o comité de empresa e o goberno municipal. Ademais das condicións xerais en materia de horarios e retribucións, o convenio contempla a aprobación da Relación de Postos de Traballo nun prazo de dous anos así como a homologación salarial que sería efectiva nun período de cinco. Tras felicitarse polo acordo acadado, tanto dende o goberno como dende o colectivo de traballadores quixeron ter unha lembranza para o tenente de alcalde Carlos gey, falecido a pasada semana, quen participou activamente na mesa de negociación e foi un dos artífices do convenio. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/26/conveniocolectivorianxo2602151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/26/conveniocolectivorianxo260215.mp4{/flowplayer}