BOIRO> Boiro acolle entre hoxe e mañá a segunda Feira do Emprego do Barbanza. Ademais de permitir o intercambio de experiencias para afrontar os retos de futuro que supón a Intelixencia Artificial pretende ser un punto de encontro entre empresas e demandantes de emprego.
A segunda edición da Feira de Emprego do BArbanza arrancaba esta mañá cunha mesa redonda sobre intelixencia artificial. Nesta primeira xonrada, as empresas convidadas analizarán os retos que supón o desenvolvemento desta tecnoloxía así como a importancia dunha economía sostible e circular.
Mañá tocaralle a quenda ós demandantes de emprego que poderán coñecer a oferta laboral de 15 empresas que instalarán os seus expositores no Centro de Formación de Espiñeira. Neste sentido, o alcalde de Boiro destacou os bos resultados da pasada edición na que algún dos asistentes conseguiu un posto de traballo, principal obxectivo da feira.
Esta feira supón un paso máis na aposta pola creación do emprego que ven promovendo o goberno boirense a través da formación no Centro de Espiñeira polo que pasan ó longo do ano unha media de 300 persoas para mellorar a súa capacitación de cara a insertarse no mercado laboral.










