Posta de longo da viveiro de empresas de Boiro

    BOIRO> O conselleiro de Industria, Francisco Conde, participaba esta mañá no acto de inauguración das novas instalacións asentadas no pilígoo de Espiñeira. Acompañado do alcalde, Xoán Xosé Dieste, e representantes do tecido empresarial da localidade e tamén da comarca, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, tivo tempo de visitar as novas instalacións do viveiro de empresas que o concello boirense puxo en marcha cunha colaboración da Xunta de máis de 140 mil euros a través da convocatoria de axudas para a creación deste tipo de espazos en parques empresariais de Galicia, co obxectivo de revitalizar a actividade industrial axudando, polo tanto, ó desenvolvemento de novas empresas. O rexedor local fixo alusión ós problemas que tivo o Concello á hora de poñer en marcha estas instalación. A partir de agora, estas instalacións ofrecerán espazos para alugar a pequenos empresarios que estean a iniciar o seu proxecto de empresa e salas para a realización de obradoiros profesionais. Será un edificio multidisciplinar onde se consolidarán novas empresas, ó tempo que se empregará tamén como un lugar para a captación de financiamento externo co que apoiar os proxectos máis innovadores.