O executivo rianxeiro aposta polo rural

    RIANXO> O concello solicitará un creto por valor duns 500 mil euros para acometer nun proxecto conxunto a mellora das escolas unitarias do municipio. O aforro e a boa xestión económica levada a cabo nos últimos anos, permitiralle agora ó goberno rianxeiro poder asumir a solicitude dun creto duns 500 mil euros para acometer nun só proxecto a mellora da totalidade de escolas unitarias do municipio integradas ó CRA, o Centro Rural Agrupado. Trátase dunha vella demanda do executivo rianxeiro e que por fin poderá levarse a cabo. As primeiras actuacións desenvolveranse nas escolas do Pazo e Quintáns, ó ser estas ás que presentan un peor estado e precisan unha intervención máis urxente. Dende o Concello criticouse o feito de que sexan as propias Administracións Locais as que deban asumir este tipo de actuacións cando realmente non lle corresponde. Aínda así para dar resposta ás necesidades dos seus veciños e tamén da propia comunidade educativa din facelo con gusto.