Inaugurada a senda fluvial do río dos Gafos

    inauguracionsenda100_291107_001.jpgPONTEVEDRA > Os pontevedreses e visitantes xa estrearon a senda fluvial do río dos Gafos, pero hoxe foi a inauguración…

    …oficial por parte do goberno local e o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez. O paseo tivo un orzamento de case un millón de euros, e supón un pulmón natural para a cidade. Mobiliario urbano, tres pontes de madeira e case 13.000 metros cadrados de superficie axardinada, para goce dos cidadáns e os turistas.

    Hoxe tivo lugar a inauguración oficial da senda natural do río Dos Gafos, un dos novos atractivos da cidade do Lerez. O paseo fluvial é unha das obras fundamentais no concello e fíxose co máximo respecto ao medio ambiente.

    O alcalde de Pontevedra e a tenente de alcalde acompañaron ao conselleiro de medio Ambiente no seu primeiro paseo pola senda fluvial do río dos Gafos. Segundo Miguel Anxo Fernández Lores, a valoración é moi positiva, pois leva moito tempo esperando esta realidade, pois é un proxecto do 2001 que levou un espaldarazo co goberno bipartito da Xunta

    No encontro do goberno local co conselleiro, aproveitouse para falar doutros temas pendentes que segundo din, xa teñen en marcha. As obras de inicio inmediato no saneamento do rural, as catro depuradoras biolóxicas da ría, funcionando case ao cen por cen e a marcha irreversible de Ence, como moi tarde no dous mil dezaoito, pois o goberno galego non permitirá ningunha prórroga.

    Redacción Salnés