Jealsa homenaxea ao seu fundador no seu noventa aniversario

BOIRO> O grupo Jealsa-Rianxeira celebrou, como é tradición por estas datas, a súa cea de Nadal, na que ademais do consello de administración, participaron tódolos seus empregados. O acto serviu tamén para homenaxear ó seu presidente-fundador, Jesús Alonso Fernández, polo seu noventa aniversario. Coma convidado de excepción, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que non quixo faltar tampouco á dita efeméride.

A tradicional cea de Nadal de Jealsa tivo este ano a un protagonista especial. e este non foi outro, que o seu presidente e fundador, Jesús Alonso Fernández, ó celebrarse o seu noventa aniversario. Por tal efeméride a conserveira boirense preparou unha celebración diferente na que non faltou o tradicional ‘cumpreanos feliz’.

Ademais dos preto de dous mil empregados que asistiron á comida, tampouco quixo perderse a homenaxe o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que puxo a Jesús Alonso, e por extensión a Jealsa, coma exemplo para toda Galicia.

Tampouco faltou ó acto, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, que ademais de felicítalo, lle anunciou o acordo tomado no último pleno de dedicarlle unha rúa na localidade.

Como é tradición o actual presidente grupo empresarial, Jesús Alonso Escurís, aproveitou tamén este acto para facer balance do ano que acaba, no que destacou que a cifra de negocio chegou ós 670 millóns de euros, cunhas previsións para o vindeiro exercicio de superar os 700.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí