A Pobra repartirá máscaras reutilizables entre tódolos cidadáns

POBRA> O concello da Pobra tamén se prepara de cara á apertura gradual da actividade. Un grupo de voluntarios elabora máscaras reutilizables que serán repartidas entre toda a cidadanía. Están homologadas por Sanidade.

Aínda que non sabemos cando nin como, a relaxación do confinamento levará acompañadas numerosas medidas de protección, Por esta razón, o concello da Pobra xa encargou o material para a elaboración de máscaras reutilizables. que serán confeccionadas por voluntarios e membros da asociación Solidariedade Galega co Pobo saharaui.

Unha vez estean rematadas, repartiranse entre tódolos cidadáns. deste xeito, o concello complemente o material que está a recibir por parte da Xunta e da deputación da Coruña. Estas máscaras destínanse principalmente a traballadores especialmente expostos como os limpadores do centro de saúde ou as auxiliares de axudas a domicilio.

Ademais destes corpos, dende o executivo valoran tamén estender ó seu reparto entre persoas maiores e grupos de risco.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí