BOIRO> Esta pasada fin de semana Boiro procedía ó izado oficial das bandeiras azuis nos sete praias do municipio recoñecidas con este distintivo. O acto protocolario estivo presidido polo alcalde, Xosé Ramón Romero, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. Despois de Sanxenxo e Vigo, Boiro é o terceiro Concello de Galicia con maior número de bandeiras azuis nos seus areais.
Barraña, Carragueiros, Mañóns, A Retorta, Barraña-Saltiño, Ladeira do Chazo e Piñeirón. Estes son as sete praias borienses nas que este verán ondeará a bandeira azul. As mesmas que o ano pasado. O número de bandeiras concedidas sitúan a Boiro coma o terceiro municipio de Galicia con maior número de enseñas nos seus areais, superado únicamente por Sanxenxo, que ten 14, e Vigo, con dez. Á cabeza dos concellos da Coruña xunto con Arteixo, os dous con sete. Ademais das bandeiras azuis, Boiro contará tamén en dous dos seus areais co distintivo Q de calidade turística, que só terán un total de 21 praias en toda Galicia.
Posteriormente o alcalde xunto ó presidente provincial procederon tamén ó izado da bandeira azul nas instalacións do Club Náutico de Cabo de Cruz.