A reforma do cine Elma podería estar rematada en maio de 2015

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/03/deputacionpresentacionproxectocineelma0307141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/03/deputacionpresentacionproxectocineelma030714.mp4{/flowplayer} POBRA> Esta mañá presentábase no concello o proxecto de remodelación que se está a levar a cabo actualmente, grazas á colaboración da Deputación da Coruña. A pesar de que a primeira fase da reforma do antigo cine Elma xa se iniciou hai varias semanas, esta mañá presentábase oficialmente no salón de plenos do concello o proxecto de renovación integral do inmoble realizado polo prestixioso estudo de arquitectura González Cebrián. na súa intervención o alcalde, Isaac Maceiras, agradeceu o compromiso da Deputación da Coruña con este proxecto, primeiro coa compra do inmoble ós seus antigos propietarios e posteriormente por sufragar a súa mellora. Pola súa banda o presidente do organismo provincial, Diego Calvo, destacou a importancia deste edificio para a Pobra, ó que cualificou de emblemático, de aí a necesidade de involucrarse na súa rehabilitación. Posteriormente a comitiva de autoridades desprazouse ata o propio edificio para comprobar a marcha dos traballos desta primeira fase, nos que a Deputación coruñesa investiu uns 200 mil euros, e que se centraron basicamente no reforzamento da estrutura interna e a renovación da cuberta. Na segunda fase procederase ó adecentamento das fachadas, cun orzamento de licitación de máis de 235 mil euros, mentres que na terceira fase, aínda sen dotación presupostaria se acometerán os traballos de carpintería, iluminación e dotación de mobiliario. As previsións pasan porque as obras poidan poidan estar concluídas en maio de 2015.