A CIG acusa á patroa maior de mentir á confraría para despedir a un dos vixiantes

    VILAGARCÍA> A CIG denuncia a xestión da Confraría de Vilanova que está a facer a súa patroa maior, María José Vales. Dende o sindicato, apuntan a que a mariscadora e número dous do PSOE no concello mentiu ao cabildo para despedir a un dos vixilantes do pósito. Recordan, ademais, que os traballadores continúan a sufrir o recorte salarial do 15% a pesares do crecemento nas vendas que rexistrou a lonxa.

     

    Un despedimento ilegal e baseado en mentiras. Así definen dende a CIG o despido dun dos vixilantes da confraría de Vilanova.

    Sospeitan que detrás do despido pode estar unha denuncia presentada polo traballador polas continuas modificacións de horario que padecía. Tamén unha mostra máis da actitude ditatorial que, aseguran, está a marcar a xestión da patroa.

    Tampouco lles encaixan as cuestións económicas. Dende o sindicato recordan que os traballadores estiveron un ano afectados por un ERE, e agora están a padecer un recorte salarial do 15%. 

    A CIG quixo recordar que María José Vales é a segunda na lista que o PSOE presentará ás vindeiras eleccións municipais. Por iso reclamaron ao partido que interveña.

    Tanto o traballador como o sindicato recorrerán esta decisión do cabildo, co que solicitaron xuntanzas que foron rexeitadas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/04/cig_confraria_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/04/cig_confraria_vilanova.mp4{/flowplayer}