Javier Puertas faise con 224 firmas en 21 días, o 37% do total

    candidato_puertas_copia100.jpgVILAGARCÍA> O sábado a Comisión Organizadora do Congreso fixeron públicos os resultados dos apoios dos candidatos. Javier Puertas mostrouse moi satisfeito por como se desenvolve esta primeira etapa congresual.

    {flowplayer}images/salnes/VALORACION_PUERTAS.flv{/flowplayer}

    Un rotundo éxito. Así definiu Javier Puertas os resultados obtidos cos apoios reunidos para a súa candidatura. O presidente da Autoridade Portuaria conseguiu o 37% dos apoios válidos, unhas 224 firmas trala revisión que fixo a Comisión Organizadora do Congreso. Asegurou que isto revalida o desexo dos afiliados dun cambio no partido.

    Puertas agradeceu ó seu equipo o traballo realizado na captación de apoios. Afirmou que está moi satisfeito xa que conseguiu a metade das rúbricas que Fole en 21 días, mentres o actual presidente logrou 409 en 7 anos.

    O presidente da Autoridade Portuaria tamén fixo referencias a esas 28 rúbricas duplicadas. Manifestou que isto significa que hai afiliados que non ven as cousas claras, coa marcha de 3 concelleiros e xente que abandonou a executiva por discrepancias.

    Jaime Ramos, pola súa parte, denunciou as ameazas e coaccións ás que está sendo sometido dende que decidiu incorporarse ás filas da candidatura de Puertas.

    Para a primeira etapa da campaña o equipo de Javier Puertas deseñou un boletín que se vai distribuír por Vilagarcía baixo o título para que o PP de Vilagarcía elixa en liberdade.

    Redacción Salnés