Éxito de participación no Foro Enrique Peinador organizado pola FEB

    RIBEIRA> Un bo número de persoas asistiu na noite de onte no centro cultural Lustres Rivas de Ribeira ó Foro Enrique Peinador, unha iniciativa promovida pola entidade do mesmo nome, que busca fomentar a normalización e o uso do galego no mundo da empresa, non só no traballo e na comunicación diaria, senón tamén como contido dos produtos e da súa promoción e etiquetaxe. Nesta ocasión a xornada estaba organizada pola Federación de Empresarios do Barbanza e nela contouse coa participación de dúas empresas da comarca que están adheridas á entidade. Trátase da adega Entre os Ríos da Pobra do Caramiñal, representada por Paco Crussat, e a firma Climafrío de Ribeira, que xestiona Antonio Miranda. A actividade contou ademais coa presenza do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e do alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz., entre outras autoridades.