A Xunta reserva unha partida duns 500 mil euros nos orzamentos de 2022 para a EDAR de Queiruga

PORTO DO SON>  A Xunta destinará unha partida duns 500 mil euros nos orzamentos de 2022 para a EDAR de Queiruga.

A nova foille comunicada esta mañá polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, ó alcalde, Luis Oujo, durante unha reunión mantida no Concello.

A consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, márcase coma obxectivo poder licitar esta actuación, cun orzamento total de preto dos dous millóns de euros,  antes de que remate este ano.

As actuacións previstas pretenden mellorar o sistema de saneamento existente mediante a construción dunha nova EDAR no lugar da Ponte.

Ademais, prevese tamén a instalación dunha nova rede de colectores de augas residuais, tres estacións de bombeo e dúas impulsións para a condución das augas ata a nova depuradora.

Dende o Concello valoraron moi positivamente esta nova, xa que permitirá dar servizo a un dos principais núcleos costeiros de poboación do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí