Santa Cruz de Lesón prepárase para cinco días de festa

A POBRA> A pesar de que xa estamos metidos de cheo en setembro, das festas seguen a marcar a calendario no Barbanza. Esta fin de semana, a parroquia pobrense de Santa Cruz de Lesón celebrará os festexos do Santísimo cun amplo programa de actividades.

Cinco días de festas cun amplo programa para tódolos públicos. Así vivirán os veciños de Santa Cruz de Lesón as festas do Santísimo que arrancan este venres coas actuaciós musicais de Kolokón 2.0, Human e cabina Móbil con DJ Jalaiko.

O sábado, os máis pequenos teñen unha cita cos xogos populares ende as cinco da tarde e a continuación terá lugar a tradicional mexilloada. O domingo comezará coa ruada a cargo da banda de música de Noia e os gaiterios de Xiada. A mediodía terá lugar a misa solmene na honra do Santísimo e posteior procesión.

O luns e o martes continuarán os actos relixiosos con misa e procesión na honra San Roque e de San Xosé respectivamente. Serán ámbalas dúas ás seis da tarde. Dende o concello da Pobra reiteraron o seu apoio a estas celebracións e recoñecer o gran labor das comisións de festas mantendo vivas as tradicións e achegando a tódalas parroquias actividades de lecer durante as celebracións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí