Os técnicos das ambulancias reclaman unha medicalizada para a zona de O Salnés

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/12/ambulancia_bng_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/12/ambulancia_bng_vilagarcia.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> O BNG de Vilagarcía alerta da escaseza de ambulancias no Salnés. Os nacionalistas apuntan a que só hai cinco asistenciais para cubrir as necesidades de toda a comarca, incluíndo os servizos máis graves como os accidentes de tráfico. Ademais, ningunha delas é medicalizada. Por iso, levarán ao pleno unha moción para reclamar á Xunta que dote a Vilagarcía e á súa contorna dunha ambulancia deste tipo.

Que se dote dunha ambulancia medicalizada, é dicir, con médico e enfermeiro propios, para O Salnés é unha vella demanda dos traballadores do sector. Hoxe volveron alertar desta carencia.

Si funcionan na comarca cinco asistenciais, aquelas que contan con dous técnicos. Nos casos máis urxentes, son estas ambulancias as que fan as funcións das medicalizadas, recollendo os facultativos dos centros de saúde.

Noutras ocasións, bótase man da medicalizada que funciona na área de Pontevedra. Algo que tampouco serve como solución para garantir unha boa atención aos pacientes.

Dende finais do mes de novembro está aberto o novo concurso de transporte Sanitario Urxente en Galicia. Por iso o BNG da este pulo á reclamación, levando unha moción a pleno para que o concello esixa á Xunta unha medicalizada para O Salnés con base en Vilagarcía.

A intención dos nacionalistas é que sexan os propios traballadores das ambulancias os que interveñan no pleno da corporación para expoñer a situación do servizo na comarca.