Pontevedra presenta un plan para axudar a nenos con condutas disruptivas

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra acaba de presentar o programa “Convive”, co que se pretende axudar aos nenos con condutas disruptivas nas aulas. O proxecto conta para este curso cun total de 35 prazas subvencionadas, e é froito da colaboración da FANPA da cidade e a asociación ADAHPO.

O obxetivo do programa “Convive” é poñer en marcha medidas psicoterapéuticas temporais de apoio no ámbito educativo, de maneira que se consiga unha mellor convivencia entre os alumnos de Secundaria. Con iso, procúrase reduci-lo absentismo escolar e mesmo mellora-lo rendemento académico. A concellería de Educación, a Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos, e a asociación ADAHPO colaborarán intensamente para detectar os problemas de maneira precoz e buscarlle solucións. O programa traballa dende a área psiquiátrica, solicitando información ás familias e aos centros, ata a psicoterapéutica, traballando sobre a comunicación ou buscando a resolución de conflitos. Por outra parte, a Fanpa de Pontevedra e a Concellería de Educación tamén anunciaron a posta en marcha do programa “Conta Conmigo”, que consiste en actividades lúdicas para escolares e as súas familias. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/12/convive2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/12/12032015 educacion pontevedra.mp4{/flowplayer}