XXIII edición do Pleno Infantil de Vilagarcía a prol dos Dereitos da Infancia

VILAGARCÍA> Os pequenos de hoxe serán os maiores do mañá, e por iso dende a área de Xuventude do Concello de Vilagarcía, como cada 20 de novembro, organizaron un Pleno Infantil para conmemorar os Dereitos da Infancia.

Lucas García foi por unha mañá o alcalde de Vilagarcía… este pequeno do colexio Sagrada Familia saíu vencedor da segunda votación que se realizou hoxe no Pleno Infantil de Vilagarcía no que os pequenos ocuparon os sillóns da Corporación Municipal para dar conta de diferentes mocións relativas aos Dereitos da Infancia.

Un total de 130 rapaces, alumnos de 5º e 6º de primaria, pertencentes a catro centros educativos do municipio participaron na XXIII edición de este evento, que ten coma finalidade promover participación dos menores na vida social e política do seu entorno. O alcalde da vila, Alberto Varela, deixou por uns intres a alcaldía para saudar a estes pequenos e valorar positivamente esta actividade e recordoulles unha boa lección.

No transcurso do pleno de hoxe cada centro presentou a través dos seus concelleiros, unha moción sobre un determinado dereito. A Lomba falou de Igualdade, Arealonga sobre a Discriminación, o Sagrada Familia sobre a Educación e a Escardia sobre os Dereitos recoñecidos de todos.

Sen dúbida unha mañá lectiva, moi necesaria para que os cativos comprendan a axenda política e os seus procedementos a hora de mandar o lexislar. Como xa lles dicíamos ao comezo desta reportaxe, non se esquezan, que “os cativos de hoxe son os maiores de mañá”.