Máis de 400 pontevedreses conseguiron un emprego grazas ás iniciativas do concello

PONTEVEDRA> Máis de 400 pontevedreses atoparon un traballo grazas ás iniciativas de promoción do emprego que o concello de Pontevedra puxo en marcha nestes tres últimos anos. Nos tres principais programas, a administración local investiu preto de dous millóns de euros. Agora, veñen de aprobar as bases para a terceira convocatoria do Plan de Emprego, que abrirá 170 novas becas laborais.

 

O terceiro plan de emprego do concello xa está en marcha. Pontevedra abrirá 170 novas becas laborais para pontevedreses desempregados. Do proceso de selección encargarase o Servizo Galego de Colocación, con especial atención aos maiores de 50 anos.

As persoas discapacitadas, as mulleres vítimas de violencia de xénero ou os menores de 30 anos sen experiencia laboral previa, tamén serán prioritarios, ao igual que os que carezan de estudos universitarios.

As bolsas serán de 375 euros ao mes, arrancarán a mediados de abril, terán duración trimestral e réxime de media xornada. Nesta convocatoria, as bases inclúen unha novidade.

A concellería destinará 200 mil euros a este plan, aumentando o esforzo na promoción do emprego dos últimos tres anos. 957 pontevedreses pasaron polos anteriores Plans de Emprego, o programa de formación e inserción laboral ILES e as dúas edicións das feiras de PonteEmprego; deles, 417 conseguiron abrirse camiño no mercado laboral.

A estas súmanse as iniciativas indirectas, como as actividades de apoio ao comercio e as actividades formativas de presenza na web e técnicas de venda.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/16/promocion_economica_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/16/promocion_economica_pontevedra.mp4{/flowplayer}